Era un dos mecanoscritos perdidos máis famosos da literatura galega contemporánea, tanto polo seu contido como polas súas consecuencias. Escrita durante o franquismo, a novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro de Xosé Luis Méndez FerrÃn centrábase na guerrilla galega antifranquista e a súa memoria. O Piloto, o último guerrilleiro en activo, aÃnda caera en Belesar (Chantada) en 1965. A el, precisamente, xunto con outros destacados combatentes coma Foucellas, Curuxás, BailarÃn ou Ponte dedÃcalles a novela. Cando FerrÃn foi detido en 1969 durante o estado de excepción decretado polo goberno de Franco, incautáronlle a novela xunto con diferente material propagandÃstico e literario. Levaron tres exemplares, asinados co seudónimo de LaÃn Feixóo.
Con estes materiais, o Tribunal de Orde Pública condenou a FerrÃn a prisión por propaganda ilegal, que cumpriu en Vigo e logo en Santoña (Cantabria). O profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, tras unha conversa con FerrÃn en 2018, foi quen de localizar os materiais do proceso no Centro Documental da Memoria Histórica, dependente da SecretarÃa de Estado de Cultura, en Salamanca. Entre eles, dúas copias da novela e máis a tradución ao castelán que o xuÃz encargara a Francisco Fernández del Riego.
Os materiais atopábanse en moi mal estado de conservación por mor da humidade, pero a boa sorte permitiu que aquelas partes deterioradas nun dos mecanoscritos non foran afectadas no outro. A Universidade de Vigo xestionou a restauración dos mecanoscritos ata que finalmente lles foi remitida unha dixitalización dos textos orixinais. Combinándoos coa tradución de Fernández del Riego, Fernando Ramallo foi quen de reconstruÃr a novela, acordando con FerrÃn que se realizara unha transcrición literal, respectando os manuscritos orixinais. Fernando Ramallo dará conta do proceso de edición da mÃtica novela de Méndez FerrÃn no vindeiro número da revista A trabe de ouro. Ramallo anima a Xosé LuÃs Méndez FerrÃn a publicar a novela, un dos textos literarios mÃticos da narrativa galega contemporánea.