O pasado martes 21 de abril falecÃa no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela a vÃtima máis nova do coronavirus en Galicia: o actor, músico e sobre todo activista cultural Esteban Yáñez. Tiña trinta e cinco anos. A súa morte supuxo unha enorme conmoción ao longo do paÃs. Na rede galega e en galego, onde a súa presenza era moi activa desde os inicios da web social, o pesar estendeuse a través das contas dos seus numerosos amigos e compañeiros. Snob Megalove, o seu alcume artÃstico, deixara unha fonda pegada en moita xente.
Esteban Yáñez era unha figura singular no mundo do activismo cultural do paÃs. Unha das súas últimas aparicións públicas conta moito do seu universo. Yáñez estreouse como contacontos o anos pasado nun espectáculo do Festival Atlántica de Narración Oral, no pub Modus Vivendi de Santiago de Compostela. Antes de comezar estaba tan nervioso como se nunca tivera aparecido antes en público, e déralle moitas voltas á historia que querÃa contar. Snob relatoulles os asistentes unha aventura urbana. Dous adolescentes, aos que todos no instituto consideraban raros, amantes dos videoxogos e da animación, son convidados a unha festa nunha residencia de clase media-alta no extrarradio compostelán. Os anfitrións tentan bulrarse deles pero saen malparados. Era un relato urbano, en galego, inzado de referencias á cultura popular norteamericana e xaponesa das últimas décadas, pero tamén á realidade social galega das cidades dos anos 90, e dos desencontros entre as periferias rurais e as cidades. Ese era Esteban Yáñez, Snob Megalove, o seu mundo, o que o distinguÃa e o facÃa ben singular.
Esteban Yáñez estreándose como contacontos en marzo de 2019. Foto: Festival Atlántica
O artista participara como membro do Colectivo de Narración Oral da Almáciga, unha xove xeración que se formaba como narradores orais. Porque Snob, a pesar dos seus numerosos intereses propios, era moi do traballo colectivo, das accións de barrio. Colaboraba de maneira intensa na Gentalha do Pichel, un grupo de activismo cultural e social de Compostela a partir do cal promoveu, sempre con grandes doses de humor, e entre outras moitas accións, a creación de novos referentes festivos para a sociedade galega. A rede está chea de vÃdeos e fotografÃas de Esteban Yáñez como Apalpador ou mesmo coma o bispo San Martiño de Dume, para celebrar o San Martinho's Days, o remedo galego da festa irlandesa a San Patricio. Moitas das iniciativas deste activista cultural seguÃan este camiño: botar man da nosa propia historia e cultura para crear novas tradicións populares, ampliando os referentes e os espazos lúdicos da sociedade galega actual. Sempre desde movementos alternativos e redes informais, lonxe dos apoios institucionais.
Na súa longa lista de facetas, era ben coñecido polos seus papeis, de neno, como actor na serie Pratos combinados e coma "Arroz hacker", presentando de preadolescente unha sección sobre banda deseñada e animación no histórico programa XabarÃn club da Televisión de Galicia. Tamén como músico. Nos Megaloves versionaba, nos bares, clásicos americanos. Tamén participara do movemento bizarre. En declaracións a La Voz de Galicia en 2011, Snob deixaba claro, de maneira provocadora, a visión da música que querÃa facer: "O bravú cántase en galego, o bizarre bérrase en todos os idiomas, e moitos son inventados. O que para o bravú foi Antón Reixa, para nós é Cañita Brava. O bravú reivindicou gaitas e orquestras e o bizarre reivindica o dereito a odiar gaitas e orquestras sen ser, por iso, menos galego".
Pero cómpre sinalar o seu papel de dinamizador da web social galega desde os tempos dos primeiros medios sociais, como Chuza! e, posteriormente, as diferentes redes que foron xurdindo. Se a Internet galega tivera sido formalmente fundada, Esteban Yáñez serÃa membro de dereito do seu padroado. En todas as iniciativas dixitais, en todas as redes que foron xurdindo, Yáñez foi creando un estilo propio no que combinaba o pracer da gastronomÃa, as referencias musicais, as novidades editoriais na historia ou no ensaio do paÃs, os videoxogos, os cómics, a creación de temas musicais -chegara a ter unha formación musical, os Megaloves- e a elaboración de listas de música en Spotify que hoxe aÃnda poden ser consultadas. E sempre en lingua galega.
Repasar agora os seus chÃos, inzados de centos de referencias, permite decatarse do que Esteban Yáñez representou para a xeración que comezou a normalizar a creación cultural en galego nas redes: un vento fresco, único e optimista que mesturaba sen complexos a cultura popular contemporánea global, a sociedade galega urbana e a reivindicación dunha identidade cultural do paÃs festiva, irreverente e aberta. E esta combinación de elementos era tan singular, tan única e tan valiosa para o paÃs que fai que a marcha de Esteban Yáñez sexa aÃnda máis sentida.