A editorial Laiovento puxo a disposición do público para libre descarga catro volumes do seu catálogo. As descargas poderanse realizar de balde "mentres dure o confinamento pola pandemia". Son A saúde como negocio, un conxunto de traballos coordinados por Pablo Vaamonde, Os monos de Laxeiro, unha recompilación das viñetas humorÃsticas do pintor de LalÃn a cargo de Javier Pérez Buján, e dous libros de Manuel Monge, Os Borbóns: unha monarquÃa escandalosa e O perverso goberno de Feijóo.