A aposta da ConsellarÃa de Cultura galega por empregar o Xacobeo como revulsivo para a crise turÃstica e cultural que está a xerar a actual emerxencia sanitaria mantense firme. O departamento galego centrou nesta celebración as súas reivindicacións durante a xuntanza que mantivo onte o Ministro de Cultura cos responsables autonómicos desta área. Segundo apunta o propio web da ConsellarÃa, Román RodrÃguez solicitou ao ministerio "que amplÃe ata o ano 2022 as desgravacións fiscais previstas para o Xacobeo 2021 como acontecemento de excepcional interese público". Con esta medida, a Xunta pretende "seguir estimulando as achegas privadas e captar máis recursos", o que repercutirÃa no desenvolvemento de proxectos culturais e turÃsticos. "O Xacobeo, como elemento de reactivación económica, é unha oportunidade única para a cultura", salientou RodrÃguez.
Na mesma liña, o departamento autonómico mantivo a reclamación de convocar un Consejo Jacobeo extraordinario "para avaliar a situación do Camiño de Santiago" que, ante a proximidade do primeiro Ano Santo nunha década, "debe actuar como un motor de reactivación económica para as industrias creativas e a dinamización das zonas rurais".
Para alén do Xacobeo, RodrÃguez trasladou ao Ministerio propostas saÃdas das xuntanzas que mantivo con diferentes sectores culturais. Neste sentido, e segundo recolle o web da ConsellarÃa, reivindicou "unha liña de financiación para as industrias culturais e creativas e un fondo que mellore a competitividade, innovación e transición dixital das empresas" a cargo do Goberno Central. Tamén apuntou a positibilidade de incrementar o 1,5% Cultural, destinado a rehabilitación do patrimonio, ata o 2%, "e que a súa xestión, actualmente no Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, pase a depender de Cultura y Deporte", segundo recolle o web de Cultura. No ámbito fiscal,apuntou a necesidade de reducións do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) en edificacións privadas dedicadas ao uso cultural e mais do Imposto de Sociedades, "asà como una nova lei de mecenado, que favoreza a participación de particulares e empresas privadas na financiación de accións culturais".
RodrÃguez abordou tamén a problemática especÃfica de traballadores culturais sen contrato estable e a aposta por incentivar o consumo mediante un bono cultural, no que asegurou xa traballa a área baixo o seu goberno. Lembrou ademais que a ConsellarÃa prevé destinar 25 millóns de euros a un programa de reactivación do ámbito da cultura.
A ConsellarÃa de Cultura ten reiterado ao longo das últimas semanas que o Xacobeo será unha ferramenta fundamental no goberno galego para apoiar a recuperación do sector cultural, unha liña na que coinciden diferentes colectivos nos seus encontros co departamento autonómico. Os colectivos do sector do libro, as 17 entidades culturais coordinadas pola Asociación de Profesionais da Xestión Cultural ou a Deputación da Coruña foron algunhas das voces que reclamaron a reorientación dos obxectivos deste programa, aÃnda pendente de se concretar.