Cincocentas oitenta e unha pospostas de proxectos musicais conformaron este ano o grande abano de candidaturas aos VII Premios Martín Códax da Música organizados desde a Asociación Músicas ao Vivo (MAV). De entre todas esas candidaturas (das que cada ano en Cultura Galega.gal realizamos unha "radiografía da escena musical") un proceso de selección e votación levará a decidir quen levarán os premios, que se entregarán este ano de xeito extraordinario, o vindeiro outono, como case toda a actividade musical do país. Unha das principais novidades desta edición , como xa comentamos cando se presentou, foi a inversión, respecto ás edicións anteriores, do proceso de selección de premiados. Por vez primeira este ano a primeira fase, de selección de finalistas, correu a cargo dun xurado de profesionais diversos, escollendo os 60 proxectos finalistas que agora veñen de ser comunicados pola organización e entre o 20 de abril e o 3 de maio realizarase a segunda rolda de votacións en liña na que as socias e socios de MAV poderán decidir os proxectos premiados, tal como estaba marcado no calendario inicial.
Ata este momento de dar a coñecer os nomes finalistas a composición do xurado foi secreta durante o proceso de votación, mesmo para os propios integrantes do mesmo, ata o día da xornada de deliberación. As cinco persoas que foron as encargadas de decidir estes foron: o saxofonista e mestre musical Xosé Miguélez; Anxela Baltar, cantante, guitarrista e compositora en BALA, traballadora na produción e comunicación en I Wanna Management, é tamén vogal da Asociación MIM; Patricia Cupeiro, doutora en Historia da Arte e da Música pola USC, desenvolve a súa traxectoria profesional vencellada á docencia, á investigación, á xestión cultural e integra varios proxectos de música vocal; a xornalista cultural da Radio Galega Belén Regueira, vencellada a programas de televisión e radio como Chambo ou Extrarradio; Julio Gómez, historiador, crítico musical e investigador sonoro de formación, fundador da promotora e tenda de discos Sinsalaudio, dende o ano 2003 realiza o recoñecido Festival Sinsal.
Segundo se comunica desde MAV, os membros do xurado salientan que foi "un arduo traballo" porque o número de inscritos e inscritas foi "moi alto", pero están moi agradecidas e agradecidos de que desde Músicas ao Vivo tivesen contado con eles para esta tarefa. Comentan que foi "un acerto grande" o feito de se ter engadido nesta sétima edición a categoría de bandas de música, xa que "son imprescindibles", afirman. Ademais, valoran moi positivamente o teren mantido as de verbenas e coros. Sinalan tamén que "hai que facer un esforzo non só para telos representados, senón para implicalos", puntualizan.Desde o sector foron moitos os profesionais que celebraron que o proceso se comezase coa selección previa do xurado para evitar que o resultado final estivese máis motivado pola capacidde de mobilizar votación por motivos persoais, que por criterios de excelencia.