Ademais das numerosas achegas que desde o mundo da cultura se están a facer para que a xente poida pasar mellor estas semanas de confinamento, xa hai tamén que está a preparar cousas para "cando todo isto pase". É o caso do grupo de teatro afeccionado Teatro do Ar de Nigrán (Pontevedra), que está a preparar unha nova obra, escrita polo seu director Pedro RodrÃguez, en base a relatos reais da experiencia do confinamento. O grupo solicitou para iso a colaboración a través das redes de xente que compartise as súas vivencias ou as súas ideas xa recibiron algo máis de vintecinco propostas dunha ducia de xente, algúns deles descoñecidos para os membros da compañÃa que reflectirán moi diferentes situacións, divertidas ou de angustia. Pedro RodrÃguez, director e guionista, desta compañÃa formada maioritariamente por xente de menos de 24 anos, aÃnda agarda que nos vindeiros dÃas máis xente lles faga chegar ideas coas que xa están a traballar para facer unha obra situada nos balcóns dunha comunidade. "A miña idea vai ser algo relacionado cos balcóns, un encerro cunha comunidade de veciños, pero o peche non relacionado coa pandemia senón con outro feito do azar", di Pedro.
A compañÃa afeccionada, que leva oito anos xa de percorrido, aspira recoller nesa obra todas as achegas que se lle envÃan para que sexa unha historia colectiva. "O noso obxectivo é achegar o noso gran de area a facer a historia de todos visible no teatro despois, xa que pouco máis podemos facer agora", afirma RodrÃguez desde a súa casa, onde ademais de escribir xa está a traballar co resto dos membros de Teatro do Ar na caracterización de personaxes a través das videochamadas, ferrmenta que usarán tamén para comezar os ensaios. "Isto ven ben pola nosa propia saúde mental porque botamos moito de menos o teatro", recoñece, "nos axuda a quitarnos ese 'mono' de teatro agora mesmo". A obra resultante deste traballo será ademais de colectiva, moi variada en canto ou propio contido das diferentes historias. "Estas situacións tan dramáticas sacan o peor e o mellor de cada un e o teatro é un lugar perfecto para sacar eses feitos, por exemplo podes facer un pouco máis de esperpento, ou tocar o drama ou a comedia na mesa obra, xa que a vida é iso, drama e comedia", asegura Pedro RodrÃguez. O resultado do traballo desta voluntariosa compañÃa verase nos escenarios en canto as salas de teatro poidan retomar a súa actividade e alà poderan verse a sà mesmo representados aqueles que manden a súas historias xa que Pedro agarda "que ningunha quede fóra".
Carlos Blanco ofrécese para actuar nos centros da pandemia
O que tamén xa está a mirar para o que virá posteriormente é o actor Carlos Blanco. O popular intérprete e monologuista comunicou a través das súas redes sociais a súa disposición a actuar voluntariamente nos hospitais e residencias de Galicia cando se poida, como un xesto de agradecemento e solidariedade cos traballadores e residentes que estes dÃas están na primeira das liñas, a máis difÃcil, da loita contra a epidemia. "Será un pracer agradecervos cun pouco de humor todo o que estades facendo", sinala o actor. Coñecendo as sús capacidades para reflectir con humor o cotián seguro que Blanco tamén incluirá nos seus espectáculos contidos relacionados con este momento.