A Real Academia Galega puxo en liña o número 380 do seu histórico BoletÃn. Desta volta, o volume está dedicado ao etnógrafo Antonio Fraguas, ao que se dedican quince artigos sobre a súa vida e obra. Asemade, ofrécense tamén contidos sobre a colección de poesÃa Benito Soto, Juan Félix Neira descobre un poema inédito de Eduardo Pondal e Henrique Monteagudo escribe sobre o cambio lingüÃstico no galego-portugués nos séculos XIII e XIV.