Tanxugueiras inician a segunda semana dos Tanxuvermús

O grupo desenvolve encontros virtuais con persoas da cultura e da música durante o confinamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Tanxugueiras inician a segunda semana dos Tanxuvermús

Desde o pasado 28 de marzo e con previsión ata o 12 de abril, o grupo Tanxugueiras está a celebrar os Tanxuvermús. Cada día ás 13 horas o trío de música tradicional reúnese a través das redes con un persoeiro da cultura e da música e desenvolve un diálogo distendido e aberto ao público. Logo de ter pasado por esta cita nomes tan variados como Gayoso, Monoulious Dop, Carlos Blanco ou Verto, este 6 de abril Rodrigo Cuevas abría a segunda semana da iniciativa. Sabela Ramil, Teresa Cuíñas, Xosé A. Touriñán, os youtubers O Aquele e Olaxonmario, Pilar García Negro e Guadi Galego participarán nas vindeira xeiras da iniciativa, que se pode seguir pola canle de Youtube de Tanxugueiras.

Os vídeos dos Tanxuvermús

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tanxugueiras, Sabela, Pilar García Negro, Carlos Blanco...