AÃnda que datado en 2019, foi neste mes de marzo que a editorial Calderión presentou Lugar de incendios, un libro-CD que recupera a voz de Paco Souto, poeta e activista cultural da Costa da Morte falecido hai xa tres anos. O volume recolle o espectáculo poético musical que o literato desenvolveu ao longo de 2009 canda ao músico Serxio Moreira, cunha gravación remasterizada daqueles encontros. O volume inclúe unha ducia de poemas de Souto, dez deles tirados daquela iniciativa e outros dous doutros poemarios. A isto súmanse biografÃas dos autores e un epÃlogo a cargo de Emma Abella, compañeira de Souto, ademais de ilustracións del mesmo e as partituras dos temas incluÃdos no proxecto.