Co gallo do DÃa Mundial do teatro a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ven de facer público o Manifesto Galego elaborado para a celebración que se lle encargou este ano á actriz Isabel Risco (A Coruña, 1975) . O Manifesto Ãa ser lido, como é tradición, na gala dos Premios de Teatro MarÃa Casares que se Ãa celebrar o pasado xoves, 26 de marzo, mais que ficou adiada pola situación excepcional que estamos a vivir. Risco fai do seu texto un chamamento de empoderamento e orgullo á toda a súa profesión teatreira, unha convocatoria a bruar e ouvear nunha “arroutada colectiva e desafiante ante todos aqueles que pretendan facer calar ao teatro "ou transformalo nun hÃbrido homoxéneo e inocuo". A actriz chama a manter unha actitude combativa, "a indocilidade máis alegre, festiva, divertida e emocionante co motor da res-pública a todo full speed contra quen asà o pretenda" e remata o seu orgulloso manifesto de teatreira cunha chamada ao aturuxo reivindicativo da profesión e da lingua lembrando que "o idioma é o primeiro instrumento do xenio dun pobo e que entre carballos vizosos e ergueitos vólvese aturuxo, EI CARBALLEIRA! Este berro cheo de aire purificador das que aman a comedia, que afasta os virus todos, aumenta as defensas do noso organismo, é medicina natural porque só o pobo salva o pobo; vai para quen teima na idea de concederlles a quen exerce oficio tan honroso, dunha beira e doutra das bambolinas, a titulación de proscritas e proscritos", conclúe.
Avances do informe sobre o teatro galego do CCG
Pola súa banda e tamén co gallo da efeméride o Consello da Cultura Galega (CCG) avanza hoxe na súa páxina web corporativa cifras dun estudo encamiñado a analizar a realidade do tecido teatral no noso paÃs. “Informe sobre o teatro galego: creadores, xestores e públicos” é o nome dun estudo no que o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do CCG, está a traballar para presentar no I Congreso Internacional do Teatro Galego, programado inicialmente para marzo de 2020, agora posposto para outubro deste mesmo ano. No marco desta investigación realizáronse tres enquisas distintas destinadas a coñecer os públicos, os xestores e os creadores de teatro. O estudo dos espazos escénicos de Galicia e dos seus programadores contou coa participación de 169 recintos, no estudo aos públicos realizáronse realizáronse entrevistas a 252 destes profesionais, socios da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, membros da Academia Galega de Teatro e os responsables das compañÃas da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.
Os primeiros resultados destacan que a maior parte dos xestores de teatro son mulleres e confirman que o público segue a ser eminentemente feminino. Engade tamén que o galego é a lingua maioritaria de representación e que os espectáculos infantÃs son os máis demandados. O CCG celebra ademais este dÃa con outras novidades: a publicación do epistolario entre Ricard Salvat e LuÃs Seoane, que dá conta das relacións entre o dramaturgo catalán e a cultura galega, e mais a incorporación de 35 novos termos ao Dicionario de termos escénicos que mantén en liña na web corporativa da institución..