A inventiva para facer máis leve o illamento social está tamén a sacar iniciativas locais no rural para achegar positivismo e ánimo. Grazas a medios de información de proximidade, coma neste caso PontevedraViva.com, sabemos que desde a asociación de veciños O Chedeiro da parroquia pontevedresa de Cerponzóns veñen de poren marcha un concurso de confección de espantallos tradicionais. A convocatoria dirixida aos parroquiáns busca ademais de axudar a combater o aburrimento da corentena e manter mente e corpo ocupados cunha tarefa ao alcance dea maioría, contribuír a recuperar unha tradición rural de artesanía doméstica como é a confección de espantallo.
Os concursos de espantallos non son novos no rural galego, dándose noutras localidades como A Lama, Cedeira, Covelo ou Cervo, e utilizándoos como actividades comunitarias ou mesmo coma recursos turísticos, coma a Ruta de Espantallos do Río Barbeira. Neste caso sácase coincidindo co momento de confinamento, o que lle dá valores suplementarios. Desde o Chedeiro piden á veciñanza a súa participación con modelos de espantallo de forma humana, como é tradición, que se exporía ao público cando remate o período de corentena. Á hora de valorar as creacións, un dos aspectos que se terán en conta será a capacidade do creador para resaltar a identidade cultural dunha parroquia de máis de mil anos de historia, segundo informan desde PontevedraViva.com. A actividade, segundo din desde o medio de comunicación local, servirá para afrontar a situación con humor e positivismo así como para engalanar as parcelas cun elemento típico dos campos galegos.