O último mar poético de López Abente chega ás redes

A RAG remata a dixitalización da súa poesía póstuma

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Portada de Bretemada, de Gonzalo López Abente. Fondo: Real Academia Galega / Arquivo de Galicia

Portada de Bretemada, de Gonzalo López Abente. Fondo: Real Academia Galega / Arquivo de Galicia

A Costa da Morte como paisaxe, como escenario e como fin, e o mar como un motivo recorrente, cargado de imaxes e metáforas. Así era a poesía de Gonzalo López Abente, autor dunha notable obra poética que viu a luz, en gran medida, á súa morte. O autor muxián deixou á RAG unha parte importante de manuscritos e mecanoscritos. Foi a partir deste material do que xurdiron dúas edicións póstumas, unha da propia Academia, que en 1971 editou o poemario Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca e Bretemada, editada por Miro Villar e publicada por Alvarellos en 2011. Agora, a Real Academia Galega completou a dixitalización de todo este fondo, que está accesible en liña no Arquivo de Galicia.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Poetas a ollar o mar

Poetas a ollar o mar

A Costa da Morte é berce dunha importante produción poética no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Morte, Miro Villar, Miro Villar...