O certame audiovisual universitario Suroscopia, que convoca a Universidade de Córdoba, tivo nesta edición vencedoras do paÃs. As estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo Cristina Yañez e Miguel Gómez Abad impuxéronse coas súas curtametraxes Na memoria da túa esposa e Ti tamén na categorÃa de obras de ficción e repartirán os 700 euros do primeiro premio. Na memoria da túa esposa, curta baseada na historia da avoa de Yáñez xa fora galardoada co primeiro premio no concurso de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo e co segundo premio CurtasoPrima das Xociviga do Carballiño. Pola súa banda Ti tamén, que se rodou contra o reloxo no marco da iniciativa A fume de carozo formara parte da selección do Mumbai Shorts International Film Festival na India.