O CCG sube á rede tres documentos de Martín Sarmiento

Pódense consultar no web do Consello da Cultura Galega

Para celebrar os 325 anos do nacemento de Martín Sarmiento, o 9 de marzo de 1695, o Consello da Cultura Galega subiu á rede unha escolma de tres documentos do numeroso fondo do intelectual pontevedrés que o Consello da Cultura Galega ten dixitalizado. O primeiro deles é un autógrafo dunha carta que lle envía ao Duque de Medina Sidonia no que fala da electricidade. O segundo tamén é outra carta remitida ao duque no que fala da "árbore do amor" e no terceiro escríbelle ao seu irmán sobre atúns e almadrabas. Os documentos poden ser accesibles no web do Consello da Cultura Galega.