Xosé Lois Romero e Aliboria continúan a explorar a percusión en Latexo

O novo álbum do grupo conta con dez temas que achegan diferentes estilos á nosa tradición sonora

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xosé Lois Romero e Aliboria continúan a explorar a percusión en Latexo

"Trasladar o bruar da terra, algo que chega dende o corazón, pero que pasa polas vísceras, e se convirte nunha sorte de zunido tribal, de folclore racial, de estalido musical" é o obxectivo co que Xosé Lois Romero e Aliboria presentan Latexo, o seu segundo álbum de estudio. Da man da discográfica Raso chega ás tendas este proxecto con dez novos temas catro anos despois da presentación do grupo co seu disco homónimo.

A partir dos mesmos vimbios de voces femininas e percusión tradicional reinventada, no novo álbum a formación "resignifica os códigos da música folk galega. Tan preto da tradición galega máis crúa como dos sons da África máis indixenista, o romanticismo armónico e coral da música sacra, ou mesmo esa sensación de poder que impón a `haka´ dos All Blacks de Nova Zelanda", explica a presentación do disco. Nos temas, unha dupla versión de Milton Nascimento con Ponta da areia/María María, influencias que achegan a nosa tradición á música industrial, sons indíxenas de Latinoamérica, música do mundo ou outras propostas de renovación folclórica de diferentes coordenadas exploran novos campos para a nosa tradición sonora.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Lois Romero, Folk, DUPLA, Latinoamérica...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos