Hoxe terá lugar en Ferrol a presentación do libro RCC. O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero, un volume que conta coa colaboración de varios autores e coordenado por Bernardo Máiz Vázquez, que edita o Club de Prensa de Ferrol como contribución ao Día das Letras Galegas. O salón de actos de Afundación de Ferrol, acollerá ás 19:30 horas a presentación da obra, que foi concibida en principio como separata da Revista Ferrol-Análisis, pero que agora é publicada en formato libro grazas a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Ricardo Carballo Calero residiu en Ferrol apenas vinte e nove dos seus oitenta anos de vida, en tres etapas. De 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941 a 1950. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación facciosa de 1936 e á guerra subseguinte, á estadía no cárcere como preso político e, dende 1950, á docencia en Lugo e Compostela.
Este volume, sobre o Ricardo Carballo Calero máis ferrolán é obra dos ferrolterrás de orixe ou adopción: Antonio Blanco Carballo, Esperanza Piñeiro de San Miguel, Bernardo Máiz Vázquez (coordenador do libro), Delia Vázquez, Xosé Mª Dobarro Paz, Ramón Loureiro; Jose-Martinho Montero Santalha, Xaime Bello Costa e Elvira Roiz Mesías. No Acto de presentación participarán o Alcalde de Ferrol, Ángel Mato, o Secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, Mª Victoria Carvalho Ramos, Bernardo Máiz, Esperanza Piñeiro de San Miguel e Xulia Díaz Sixto.