A coincidir este 24 de febreiro coa celebración do DÃa de RosalÃa, a Real Academia Galega acaba de reunir no seu web oito discursos que tiveron a poeta como protagonista. Entre os textos que diferentes académicos leron para ingresar na entidade está o de Otero Pedrayo, Romantismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor DÃaz, RosalÃa de Castro e Pondal, o de Carballo Calero, Contribución ao estudo das fontes literarias de RosalÃa, lido en 1958, ou Diálogos con RosalÃa, de Luz Pozo Garza, que ingresou na Academia en 1996.
A estes súmanse textos sobre a autora de Francisca Herrera Garrido, Victoriano Taibo, Bernardino Graña e dos académicos de honra Arcadio López-Casanova, Basilio Losada e Marina Mayoral. A entidade tamén salienta as importantes referencias á autora noutros textos dispoñibles no seu espazo na rede, como son A saudade nos poetas galegos, de Ramón Cabanillas (1920), A boca da literatura. Memoria, ecoloxÃa, lingua, de Manuel Rivas (2009), Viaxe á semente: dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario, de Fina Casalderrey (2013), ou Voces termando da paisaxe galega, de Marilar Aleixandre (2017).