
Un poema de Luz Fandiño dá tÃtulo ao sétimo álbum de MarÃa Xosé Silvar "Sés", que hoxe mesmo sae ao mundo da man de Altafonte.
Liberar as arterias é tamén a única das doce cancións do disco homónimo cuxa letra non é da propia Sés, no resto dos temas a cantautora asina letras e músicas. Como se agarda dela, Sés, mantén viva e saudable a súa mensaxe de denuncia social ao longo de todo o álbum que, de novo bebe musicalmente do legado dos cantautores latinoamericanos que desde os anos 60 marcaron a historia musical da conflitividade polÃtica tanto nos paÃses americanos como na España da ditadura e a transición. Coherente con esta liña que estaba tan presente no anterior
Rabia ao silencio(Altafonte, 2019) están cancións como a que dá titulo ou
Quen son os meus,
O silencio non marcha e
Na fronteira, por exemplo. Pero ademais nesta ocasión Sés ofrece ao longo do disco cortes nos que teñen sitio con bo resultado – como xa fixera en anteriores discos- sons do rock máis electrico, o soul, o blues ou o jazz funk coma en
Para a curación,
Trampa de odio,
Mafia, na que semella saldar contas pendentes moi concretas, ou esa contundente
Espiña sen rosa no que se declara con forza: "prefiro ser herba mala que camelia pra lucir". As presentacións en directo en na América do Sul xa tiveron lugar durante este mes de febreiro e agora comeza a súa xira peninsular o vindeiro dÃa 28 na sala barcelonesa Luz de Gas. O primeiro concerto en Galicia terá lugar o 6 de marzo no teatro Afundación de Vigo. Na Coruña e Pontevedra tamén hai previstas actuacións.