Teatro do Atlántico traslada aos escenarios o drama das violacións grupais

"A conquista da escola Madhubai" estréase en Narón o vindeiro 28 de febreiro

Sheyla Fariña, María Barcala e César Goldi. Foto: Teatro do Atlántico
O Pazo da Cultura de Narón acolle a estrea o venres 28 de febreiro ás 20.30 h. do novo espectáculo A conquista da Escola Madhubai, da dramaturga francesa Hélène Cixous. A obra, dirixida por Xúlio Lago, está protagonizada por María Barcala, Sheyla Fariña e César Goldi. Versa sobre Sakundeba, unha bandida perseguida pola policía que está acusada do asasinato dos máis de trinta homes que a violaran tempo atrás. Sakundeba acude á casa de Pandala, unha anciá que a criou cando era nena, e pídelle refuxio durante dous días mentras toma unha difícil decisión. A obra tamén se poderá ver en Narón o sábado 29 de febreiro á mesma hora.