A Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega, a Associaçom Galega da LÃngua (AGAL), a CRTVG, a Fundación Penzol, a Academia Galega da Lingua Portuguesa e os concellos de Santiago e Ferrol, entre outras entidades e institucións, veñen de presentar hoxe no Museo Centro Gaiás o avance dun programa de actividades conxunto que abrangue máis de 200 iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, educativo, empresarial, musical, escénico, plástico e académico, entre outros, dirixidas a pór en valor o legado de Ricardo Carballo Calero e que terán como acto central o propio DÃa das Letras, o vindeiro 17 de maio.
O DÃa das Letras 2020 será amplamente participativo e internacional grazas ao traballo realizado nos 33 centros de estudos galegos repartidos por América, Europa e Asia; por primeira vez, a mostra itinerante promovida pola Xunta para divulgar a figura do homenaxeado coas Letras Galegas, neste caso, en colaboración coa AGAL, será exposta nun concello portugués: Viana do Castelo. A voz presente é unha das 12 mostras previstas até o momento na programación coa que difundir a dimensión artÃstica, humana e lingüÃstica de Ricardo Carballo Calero, poñendo en valor e contextualizando a súa figura e o seu legado, que percorrerá once concellos galegos e, por primeira vez, un portugués. En concreto, a mostra itinerará de marzo a decembro e chegará a Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Ribadavia, Mondoñedo, Amoeiro, Celanova, Vigo e Viana do Castelo.
A maiores dos diferentes proxectos expositivos, está prevista unha variedade de actividades de participación social. Desde iniciativas do eido empresarial, impulsadas por Renfe Viajeros, Gadisa, Vegalsa-Eroski ou Feiraco. Até eventos deportivos como a Carreira Camiño das Letras, que o 17 de maio percorrerá o treito do Camiño de Santiago que une o Pico Sacro coa Cidade da Cultura de Galicia. Pasando pola celebración de oito certames en diversas categorÃas e modalidades, convocados para homenaxear e difundir a figura de Ricardo Carballo. Ademais colexios, institutos e escolas oficiais de idiomas de toda Galicia levarán a cabo moi diferentes tipos de actividades participativas creando ou adaptando materiais referidos á vida e obra do homenaxeado usando para iso formatos que van desde o grafismo ata o audiovisual ou o teatro. Multitude de actividades de lectura, viaxes culturais, roteiros, relatorios, obradoiros e proxeccións completan unha programación na que, nesta ocasión, o teatro e a narración oral ocupan un lugar importante. Neste sentido, o programa de dinamización da lingua galega da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, FalaRedes, presenta Teatro dos Vieiros, unha proposta destinada ao público familiar que poderá verse en 14 concellos da Rede de Dinamización LingüÃstica. Finalmente, as bibliotecas públicas galegas volverán a xogar un papel fundamental con numerosas actividades expositivas, obradoiros e unha ampla programación cultural pensada na difusión da figura homenaxeada.
Programa institucional de actividades 2020.O DÃa das Letras 2020 será amplamente participativo e internacional grazas ao traballo realizado nos 33 centros de estudos galegos repartidos por América, Europa e Asia; por primeira vez, a mostra itinerante promovida pola Xunta para divulgar a figura do homenaxeado coas Letras Galegas, neste caso, en colaboración coa AGAL, será exposta nun concello portugués: Viana do Castelo. A voz presente é unha das 12 mostras previstas até o momento na programación coa que difundir a dimensión artÃstica, humana e lingüÃstica de Ricardo Carballo Calero, poñendo en valor e contextualizando a súa figura e o seu legado, que percorrerá once concellos galegos e, por primeira vez, un portugués. En concreto, a mostra itinerará de marzo a decembro e chegará a Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Ribadavia, Mondoñedo, Amoeiro, Celanova, Vigo e Viana do Castelo.