Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de VerÃn, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das Xornadas de Novela Histórica. Esta edición marca como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia. A presenza de relatoras de primeiro nivel no programa vese reforzada e asà poderá asistirse ás charlas con Luz Gabás, autora de Palmeras en la nieve; MarÃa Vila, co seu libro La leyenda de las dos piratas; MarÃa Solar, autora de Os nenos da variola, e As horas roubadas; Eva DÃaz, que falará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina, e autora de El color de los ángeles, Finalista Premio Nadal 2008; ou Rosario Raro autora de Volver a Canfranc. Este terceiro encontro temático incluirá tamén unha mesa redonda que contará coa presenza de Javier Sierra, José Calvo Poyato e José Luis Corral "As damas nas novelas sobre o Santo Grial"; e coma na pasada edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias. Ademais José Luis Corral dará a conferencia: "Mulleres da historia á novela: Tres mulleres na vida de Carlos de Austria".