Teatro Avento estrea espectáculo musical baseado en 'O libro da Selva'

A adaptación da obra de Kipling verase no auditorio municipal de Vigo este domingo

A compañía Teatro Avento, especializada en espectáculos musicais para público familiar , estrea este domingo no Auditorio Municipal de Vigo a súa nova produción O libro da Selva. O novo espectáculo, baseado na inmortal obra do escritor inglés Rudyard Kipling, porá música e coreografías ao servizo da historia do neno Mowgli, que perdido na selva da India é adoptado polos animais e vive alí unha aventura pola que non pasa o tempo, que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade e a tolerancia cos que son distintos a nós. Rocío Salado, Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Xoan Abreu e Martín Maez compoñen o elenco desta montaxe que, dentro da programación da rede galega de Teatros e Auditorios percorrerá despois outras vilas como Ourense ou Muros, entre outras.