Logo de ser recoñecida en festivais cinematográficos como o de Sevilla, as salas galegas acollen hoxe a estrea a de Arime. A directora Jaione Camborda, nada en Euskadi, asina a súa primeira longametraxe, rodada integramente en galego e con Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera como protagonistas. No filme nárrase a historia de catro mulleres e unha cativa "que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles fuxe do outro, agochándose pola vila coma un ser fuxidÃo, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida das mulleres. Todo isto moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio".
A directora participa esta tarde na estrea na sala compostelá NUMAX, onde manterá un coloquio co público asistente. Mondoñedo, lugar de rodaxe do filme, acolleu onte unha preestrea na que estivo presente o elenco.