O alxibe descuberto no castro de Viladonga tiña sistemas de canalización

A campaña arqueolóxica deste ano desvela novas estruturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Canalización do alxibe do castro de Viladonga. Fotos: Xunta de Galicia

Canalización do alxibe do castro de Viladonga. Fotos: Xunta de Galicia

A campaña 2019 de excavacións arqueolóxicas no castro de Viladonga está a revelar que o alxibe localizado ao carón da muralla na campaña do ano anterior contaba con sistemas de captación de augas. En concreto, unha "augalevada", que é como se denomina en galego ás canalizacións de pedra que, "no último tramo das presas, embocaban a auga cara o muíño". Neste caso, a canalización está ubicada entre a muralla e a traseira das casas próximas á estrutura defensiva, permitindo recoller a auga dos tellados e do propio murallón e conducila ata o alxibe, reducindo a humidade do espazo e contribuíndo á alimentación da estrutura de almacenamento hidráulico. Non é frecuente localizar nos castros estruturas interiores de condución de auga, como estes pequenos acuedutos, aínda que se teñen localizado, por exemplo, nos grandes castros do sur da Gallaecia como o Trega ou Briteiros. Para os arqueólogos da excavación, "é a liña de saída dunha tradición que dura dous mil anos."

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Gallaecia