Miguel de Lira leva o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva

O xurado tivo en conta o seu traballo en 'Curva España' actualmente en cartel

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Imaxe do espéctáculo "Curva España"   Foto: Chévere

Imaxe do espéctáculo "Curva España" Foto: Chévere

O Concello de Padrón outorga o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramático. Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en Curva España, na que, baixo a súa perspectiva, "fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade". Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden "enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e o seu papel como defensor da cultura galega, e promotor dun teatro innovador da man do grupo teatral Chévere". A entrega do premio está prevista para finais de outubro, coincidindo coa apertura do Outono Cultural.

O xurado estaba presidido por Lorena Couso, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Padrón, e integrado por expertos en teatro galego como Inma López Silva, escritora e profesora da escola superior de arte dramática de Galicia, Carlos Caetano Biscainho Fernándes, actor e profesor da Universidade da Coruña, Alfonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor da escola superior de arte dramático de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas galegas do teatro, Roberto Pascual Rodríguez, profesor da escola superior de arte dramática e director da MIT de Ribadavia, e Comba Campoi García, actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito