O I Congreso internacional do Teatro presenta o seu programa coa ollada posta nun plan estratéxico para o sector

Celebrarase na Cidade da Cultura entre o 25 e o 28 de marzo

22/1/2020 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
1 lecturas | Compartido 0 veces

Presentación do programa do I Congreso Internacional de Teatro Galego

Serán tres intensos días, entre o 25 e o 28 de marzo, pero pretenden sentar as bases dun futuro plan estratéxico do teatro galego "co 2030 no horizonte". Hoxe a Academia Galega de Teatro presentou o programa deste evento que procura conseguir "un mellor coñecemento do medio teatral galego e xerar debate". O obxectivo é, segundo a presidenta da Academia, Inma Antonio, "sentar as bases dun futuro plan estratéxico do teatro que permita deseñar políticas ata o horizonte do ano 2030". A través de conferencias plenarias, mesas de traballo, comunicacións libres e presentacións de proxectos e coleccións editoriais, o congreso centrarase na análise do sector en Galicia atendendo ás institucións, aos profesionais, os públicos e o coñecemento de realidades externas que poidan servir de modelos comparativos co caso galego. No congreso o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega presentará os resultados preliminares dun informe sobre a situación do sector teatral en Galicia. No evento tamén se entregarán as medallas da Academia a tres figuras relevantes do teatro: Manuel Lourenzo, Luís Álvarez Pousa e María Xosé Queizán.

Universo culturagalega.gal

10/02/2022

Os alicerces do vindeiro teatro

Os textos do I Congreso Internacional do Teatro Galego preséntanse como base para mudar o paradigma das artes escénicas

07/10/2020

Radiografía dunha escena

O Observatorio da Cultura do CCG presenta no Iº Congreso Internacional do Teatro Galego o informe máis completo sobre a actividade escénica en Galicia