Os Premios Feroz outorgados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España que premian varias categorÃas en traballos cinematográficos e televisivos tiveron onte a gala na que repartÃan os galardóns sobre a produción de 2019. No apartado televisivo o premio para a mellor serie foi para Hierro, da produtora galega Portocabo, dirixida por Jorge Coira e creada por Pepe Coira, con guión del mesmo e de Carlos Portela, Fran Araújo, Araceli Gonda e Coral Cruz. Ademais na montaxe tamén participaron, ademais de Jorge Coira, Diana Toucedo e Gaspar Broullón. A produción, que se emite en Movistar +, acadou ademais o recoñecemento para a súa actriz principal, Candela Peña. Outra produción galega, a pelÃcula Quien a hierro mata, de Vaca Films, acadou tamén un galardón ao mellor actor de reparto para o catalán Enric Auquer. A pesar das súas cinco candidaturas O que arde non acadou ningún galardón nunha noite na que a nivel cinematográfico a pelÃcula de pedro Almodovar Dolor y gloria acaparou o palmarés con seis premios.