A xornada O estado da danza en Galicia abre este martes 21 de xaneiro o proceso de análise que o Consello da Cultura Galega lle vai dedicar a este sector ao longo de 2020. A cita contará coa presenza de profesionais e especialistas no ámbito como Mercedes Prieto, Luciano Gómez, Manuel Vieites, Quique Peón, Caterina Varela, Afonso Becerra ou Sabela Mendoza, que serán entrevistados por diferentes xornalistas do paÃs. Ademais, o encontro contará tamén coa presenza de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais de MarÃa Pereira, directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura.
Segundo explica a presentación da actividade "a situación da danza en Galicia atópase nun estado de explosión creativa tanto nas ideas, nos procesos creativos, nos proxectos e nas formas de enfrontarse aos públicos. Mentres isto sucede asistimos a un tempo de decadencia no soporte institucional e nas polÃticas públicas dende a Administración. A situación require dunha radiografÃa urxente do sector dende o estado da formación ata a conformación dunha escena plural ao longo a ancho e todo o territorio".
A partir do debate do dÃa 21 elaborarase un "un informe-diagnóstico para que o Consello da Cultura Galega, a partir da súa Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, poida trasladarllo á Xunta de Galicia para pedir a súa inclusión na axenda pública e solicitar que se inclúa nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia". Ademais deste documento, publicaranse en vÃdeo as entrevistas da xornada e promoverase a creación "dun espazo de actualización, diálogo e debate entre os axentes que traballan no sector da danza en Galicia".