Quiosco: Quintana, número 18

Nova entrega da revista do Departamento de Historia da Arte da USC

O Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago acaba de publicar o número 18 da súa revista Quintana, que recolle estudos, investigación, recensións e tendencias ao redor do mundo da arte. Desta volta, entre moitos outros artigos, Quintana recolle un texto de Iván Villarmea sobre Eloy Lozano e publica o guión inédito da adaptación cinematográfica de A Esmorga realizado polo propio Lozano. A publicación tamén inclúe textos dos dous comisarios das exposicións dedicadas a Castelao en 2018: Castelao Maxistral, a cargo de Miguel Anxo Seixas e "Alba de Gloria de Castelao: unha experiencia", por Manuel Gago. Os artigos poden descargarse de balde.