Chega á rede a webserie Hai vida en Bran?

A produción de Ángela Andrada foi galardoada no IV Carballo Interplay

Xa están dispoñibles en Youtube os catro episodios que compoñen Hai vida en Bran?. Ángela Andrada dirixe esta webserie que foi galardoada na IV edición do Carballo Interplay. O retorno á vila natal dunha licenciada en Belas Artes obriga á protagonista a redescubrir esta realidade. Un traballo con grandes doses de humor que reflexiona sobre a situación da mocidade galega no rural.