Lupe Gómez venceu no II Premio SELIC de Poesía

A autora recibirá 2.500 euros e verá publicada a súa obra Os caracois de Belvís

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A II Edición do Premio SELIC de Poesía foi para Lupe Gómez. Os galardóns que se integran no programa da Semana do Libro de Compostela ficaron desertos nas categorías de teatro e de narrativa, mentres en poesía o xurado seleccionou a a obra Os caracois de Belvís. Como méritos, o fallo destaca a "forma lúcida e delicada, pero non compracente, en que reflexiona, coa vila de Santiago como eixo cordial, sobre os ciclos vitais, imbricando con habelencia o persoal, o comunal e o natural". Sinálase tamén que o texto é "vía de homenaxe e rescate da Compostela máis xenuína e tamén máis relegada: a popular, a dos barrios e leiras, que acaba conducindo a verdadeiras epifanías".

O galardón, dotado con 2.500 euros e a publicación do libro, está organizado polo Concello de Santiago, e a selección correu por conta de Helena Villar, Francisco Macías, Iris Cochón, Eudardo Estévez e Francisco Valeiras.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Lupe Gómez, Narrativa, Teatro...