Bieito Romero presenta un libro fotográfico sobre simboloxías máxicas

Inclúe 500 fotografías de formas simbólicas tradicionais galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

Bieito Romero é músico e líder do grupo musical Luar na Lubre, pero tamén un incansable viaxeiro polo territorio galego. Parte do seu interese pola cultura galega plásmase no seu libro Simboloxía máxica en Galicia que acaba de editar Baía Edicións. Ao longo de 500 fotografías, Bieito Romero documenta símbolos asociados á protección máxica de vivendas, hórreos e construcións do rural, ou igrexas e sitios arqueolóxicos de diferentes épocas. Moitos dos símbolos, segundo o autor, proceden da tradición céltica, xermánica ou cristiá, e o seu uso foi evoluíndo co tempo: "de ser protectoras na maior parte dos casos, derivaron a ornamentais ou decorativas".

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bieito Romero, Luar, Luar na Lubre, Baía Edicións

Claves

Protagonistas
Conceptos