A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e distintos representantes do sector acordaron hoxe a presenza da música galega en catro citas internacionais neste eido durante 2020: Mercat de Música Viva de Vic (Barcelona), Bilbao Music Experience (BIME), Feria Internacional de Música para Profesionales (FIMPRO) de Guadalaxara (México) e World Music Expo (Womex), que o ano que vén se celebrará en Budapest (HungrÃa). Este acordo é un dos resultados dun grupo de traballo do sector musical, reunido periodicamente a instancias da Xunta de Galicia para tratar o deseño de accións de impulso sectorial, e do que forman parte distintos colectivos e empresas. Na xuntanza, ademais do director da Agadic, Jacobo Sutil, participaron Manuel Blanco, por parte da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM); MarÃa Nieto, do colectivo de salas Clubtura; Iván Arias, como representante da Asociación Empresarial Festivais de Galicia; Manuel A. Alonso, como voceiro de Músicas ao Vivo, asà como Patricia Hermida, de Mare Producións, VÃtor Belho, de NordesÃa Producións, e Josiño Carballo, da discográfica Ernie Producións. Os xeitos en que se levarán a cabo as accións de presenza da escena musical galega en cada un dos mercados está aÃnda por definir.