Voz do arqueiro é o tÃtulo do poemario co que Antón Blanco se facÃa este 14 de decembro coa XXXII edición do Premio de PoesÃa Eusebio Lorenzo Baleirón. O xurado do galardón que convoca o Concello de Dodro valorou "a construción e a sintaxe xunto cunha escolla léxica moi coidada" da obra, da que ademais sinalan que "posúe unha arquitectura interna coherente". O gañador, nado en Carril e con varios tÃtulos xa editados, recibirá 2.300 euros e verá a súa obra publicada.
O xurado desta xeira estivo composto por Alicia Fernández RodrÃguez, Estevo Creus Andrade, Elvira Riveiro TobÃo e Xabier Xil Xardón, con Ramón AbuÃn Gómez, tenente de alcalde do Concello de Dodro, a presidir e con Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura e Patrimonio a actuar como secretario.
A coincidir co fallo, celebrouse unha homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón cun recital poético e unha ofrenda floral no cemiterio de San Xián de LaÃño. No dÃa a seguir celebrouse no concello o roteiro Os dÃas olvidados que percorreu espazos da biografÃa do autor homenaxeado. O premio de poesÃa entregarase o vindeiro sábado 21 nun acto no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.