Un dos misterios da Gallaecia da transición entre a Idade do Ferro e a época romana son os foros. O xeógrafo Ptolomeo referiuse a catro enigmáticas localizacións no noroeste peninsular: o Forum Iriensium (zona de Padrón), o Forum Limicorum (A Limia), o Forum Gigurrorum (Valdeorras) e o Forum Bibalorum (Val de Monterrei). AÃnda que a tradición historiográfica asociounas sempre como capitais de territorios indÃxenas, ou lugares centrais, a súa localización e sentido sempre foi unha incógnita. Eran poboados fundados polos romanos? Castros de relevancia para un territorio?. Agora, un equipo acaba de propoñer que un destes foros, o Forum Bibalorum pode corresponder cun xacemento que acaban de escavar: o Muro do Búbal, entre os concellos de OÃmbra e Monterrei. A excavación, dirixida por Patricia Valle no campo e con Adolfo Fernández como director cientÃfico, foi realizada polo Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo cunha subvención da Deputación de Ourense.
O Muro do Búbal é unha fortificación cunha gran muro perimetral, de máis de dous metros de grosor, e unha única entrada. As datacións efectuadas a partir dos materiais permiten situar o recinto no século I a.C., pero non foron identificadas vivendas nin restos de vida cotiá no interior. De feito, só foron recuperados cen fragmentos de cerámica e unha punta de lanza, unha cifra moi inusual para un xacemento galego da Idade do Ferro. A posición central do xacemento na súa xeografÃa e as súas grandes dimensións, tres hectáreas, xunto coa ausencia de materiais no seu interior, levou aos arqueólogos a propoñer que se trate dun espazo de xuntanza colectiva que se poderÃa corresponder co Forum Bibalorum, un dos catro foros referendos por Ptolomeo na Gallaecia. Os traballos leváronse a cabo entre o 1 de outubro e o 29 de novembro.