Situar a importancia do imaxinario da navegación no sistema literario galego e na nosa Historia é o obxectivo dun ciclo de dous parladoiros que son programación anexa da exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada no Museo de Pontevedra polo Consello da Cultura Galega. Hoxe mércores ás 19:30 horas, no Sexto Edificio do Museo, terá lugar a primeira mesa do ciclo, que leva como tÃtulo A Galicia navegante no imaxinario literario e nela participarán VÃctor Freixanes, Pemón Bouzas e MarÃa Solar, tres autores con obra publicada ambientada ou con referencias a viaxes marÃtimas.
Pemón Bouzas (Palmeira-Ribeira, 1957) é un escritor cunha ampla bibliografÃa relacionada co mundo mariño. Na súa intervención fará un repaso da investigación que realizou ao redor de figuras históricas da navegación galega como foron Mourelle de la Rúa ou Francisco Caamaño. Outro feito histórico, a expedición Balmis, que partiu do porto da Coruña coa vacina para paliar o andazo de varÃola que sufrÃa América, é o que conta MarÃa Solar (Santiago de Compostela, 1970) na súa novela Os nenos da varÃola, sobre a que afondará na súa intervención. No quimérico Mar dos Espellos, transcorre O Triángulo inscrito na circunferencia, a primeira e premiada novela de VÃctor Freixanes (Pontevedra, 1951), que mestura o real e o irreal, o tanxible e o imaxinado, a partir da que fará unha achega da relación entre literatura e o mundo mariño na cultura galega. A profesora da Universidade de Santiago de Compostela e secretaria do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, exercerá como coordinadora deste encontro, o primeiro do ciclo e que terá continuidade o vindeiro mércores 18 nun segundo parladoiro, desta volta centrado nos datos e feitos históricos. A Galicia navegante na investigación histórica será o seu tema e contará coa participación de Pilar Cagiao, José Manuel Vázquez Lijó e Anxo RodrÃguez Lemos, baixo a coordinación de Ofelia Rey Castelao.