Un ciclo de cinema en Pontevedra percorre a historia da Arquitectura

Edicifios de película

O Cine Clube e o Colexio de Arquitectos de Pontevedra iniciaron onte o ciclo A arquitectura no cinema, que pretende facer chegar ó grande público a relación que se dá entre estas dúas artes. As máis de vinte películas do ciclo proxectaranse no auditorio de Caixa Madrid e no Pazo de Cultura ata o día 24 de novembro.

Análise



As películas proxectadas pretenden poñer de relevo a importancia da arquitectura no cinema á hora de crear ambientacións e a dificultade que conleva atopar contornos axeitados para produccións históricas.


Mostra do século


A selección de filmes percorre tódolos estilos arquitectónicos occidentais desde os anos vinte, indo do art decó ó racionalismo, a arquitectura dos anos 70 e o desenvolvemento especulativo. Entre as películas que se proxectarán están Metrópolis, O ventre do arquitecto, Caro diario, O mago de Oz e O show de Truman, entre outras.


Xornada inaugural


Na tarde de onte, e como comezo do ciclo, proxectáronse os clásicos "O gabinete do doutor Caligari" e "O Golem", que estiveron precedidas de senllos documentais sobre o arquitecto e deseñador Walter Gropius e o seu colega Hans Sharoum. As películas comezarán a proxectarse cara ás sete da tarde tódolos días. Once dos filmes poderán seguirse no auditorio de Caixa Madrid e unha dúcia máis no Pazo da Cultura.