A Nonito Pereira Revuelta (A Coruña, 1943-2019) débeselle a entrada do folk galego no concepto da "música celta" grazas aos seus traballos como produtor no selo Abrente, con Emilio Cao e Milladoiro na década dos 70, polos que recibiu varios premios nacionais e internacionais. Ademais diso el foi un dos elementos indispensables para situar A Coruña no mapa da música moderna despois dos anos 60. A noticia hoxe do seu falecemento deixa orfo ao xornalismo musical galego que tivo nel un referente inescusable a través das paxinas de múltiples xornais, emisoras de radio e televisión; na TVG presentou o programa Radio Onte. Pero Nonito foi moito máis ca iso, a música formaba parte da súa vida enteira e de todas as súas actividades. Tivo unha tenda de discos, levou a dirección e a cabina do Playa Club da Coruña e foi promotor de concertos e festivais, como o Noroeste Pop Rock da Coruña. Era tÃo de Fernando Pereira, que tamén forma parta da historia musical galega como promotor de concertos e dono da mÃtica discoteca Clangor de Santiago. Na súa faceta de crÃtico musical para calquera artista ou banda de Galicia facer chegar ás mans de Nonito Pereira un traballo seu era toda unha garantÃa, coñecendo o ollar aberto e desprexuizado que tiña cara todos os estilos e a experiencia sonora que atesouraba. O seu fillo Nonito Pereira Jr. mantén a vinculación co mundo da música seguindo os pasos do seu pai, que atesouraba unha das meirande coleccións discográficas particulares de Galicia. Pai e fillo presentaban xuntos na Domus da súa cidade o pasado mes de outubro a Asociación Cultural Nonito Pereira que ten como obxectivos “ desenvolver a cultura musical na cidade dÂ’A Coruña e, por extensión, en Galicia”, segundo declararon nese momento. Pereira xa está agora no olimpo musical xunto aos “ilustres” da música aos que tanto tempo e enerxÃa dedicou.