O Concello de Viveiro deu a coñecer este 23 de novembro o fallo da segunda edición do Premio Vilar Ponte de Novela. O xurado seleccionou o traballo O Mal querer de Natalia Carou Figueira como vencedora desta xeira e como finalista a obra Qwerty de Ramón Carredano Cobas. A gañadora recibirá 4.000 euros de premio, mentres Carredano obterá 1.000, segundo establecen as bases do certame. Os dous recollerán os seus galardóns o vindeiro 5 de decembro nun acto que se desenvolverá no Teatro Pastor DÃaz de Viveiro.
O xurado estivo composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro; Xoan Neira López, mestre e escritor; MarÃa Donapetry Camacho, profesora e escritora e, a actuar como secretaria, MarÃa Rosario San Isidro Franco, traballadora do Concello de Viveiro.
Na acta destácase da obra gañadora o ser "unha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector". Sobre o traballo finalista sinalan que "en contraste coa novela gañadora pode resultar máis complexa a súa lectura debido aos saltos temporais do pasado, presente e futuro" e que "destaca a sensibilidade sensual e poética (sabores, olores …) combinando o respecto á natureza có progreso e os avances da ciencia".