O falecemento inesperado o pasado venres do xornalista e escritor Pablo López Orosa (Oza, 1985) causou unha enorme conmoción no entorno dos medios de comunicación. Hoxe ás cinco da tarde terá lugar o seu enterro na igrexa de San Nicolás de Cines na súa vila de Oza Cesuras. O xornalista de 34 anos era colaborador en varios medios galegos e estatais como profesional independente especializándose no campo internacional nas reportaxes feitas sobre o terreo en países do hemisferio sur en situación de conflito militar, humanitario ou social. Como novelista López Orosa publicou a novel Fálame do silencio (Xerais, 2018), unha novel de intriga protagtonizada por un xornalista e ambientada na Coruña dos anos setenta. Desde os numeroso medios de comunicación dos que era colaborador fixéronse eco estes días da súa triste desaparición, con pezas que deixan un perfil humano e profesional de unha enorme ética e honestidade. Medios como Luzes de Galicia lembra que, a pesares de ser un colaborador freelance o seu peso na revista fixo del unha peza do equipo. "Aparecía tanto que o normal era que entrase a formar parte do Comité de Redacción, e foi a mellor decisión que nunca tomamos", aseguran desde Luzes. No xornal La Opinión de Coruña lembran do seu paso pola edición local que "a emoción que lle puña ás súas crónicas de Mozambique e Guatemala tamén se encontraba nas súas reportaxes de Monte Alto e O Castrillón, o seu barrio na Coruña". Desde a revista Condé Nast Traveler lembran que seu traballo López Orosa "daba voz aos esquecidos e aos países que quedan fóra das guías de viaxe" e como recibiu o premio de xornalismo solidario Memorial Joan Gomis pola súa reportaxe La tregua de los zapatos. desde El país lembran del o seu estilo "sinxelo e próximo, o seu rigor periodístico e a súa sensibilidade e humanidade á hora de achegarse e empatizar cos protagonistas das súas reportaxes".
Moitos outros medios como La Voz de Galicia, La Sexta, Público, etc. recolleron a inesperada desaparición do reporteiro galego que fai pouco chegaba dunha viaxe a Mozambique, asinando unha das súas derradeiras reportaxes sobre o futuro do país africano tras das últimas eleccións. O Colexio Profesional de Xornalistas de galicia emitiu hoxe un comunicado de pesar polo falecemento do reporteiro do que lembran que era Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como freelance para numerosos medios, informando desde países do sueste asiático, América Latina e África. Os seus traballos recolléronse en medios como El País, El Mundo, eldiario.es, Público, La Marea, La Razón, Gara, Jot Down ou Luzes. Foi tamén correspondente da axencia Efe na Coruña e fundou a revista Achtung!. Na súa propia páxina web Pablo López conta da súa historia profesional na precariedade do xornalismo: "Expulsado das redaccións, comecei a viaxar polo mundo na procura de xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas. Xente que pode cambiar o mundo. Ou quizais murchalo aínda máis. Porque o xornalismo atopa na escala de grises o espazo para ser o que soñou ser: unha fiestra dende a que mirar e entender". Os motivos da súa vida deixounos claros, os da súa morte aínda están por entenderse, se é que se pode chegar a iso.