A 29 Semana de Cine Submarino de Vigo homenaxeará o realizador Jorge Candán

O encontro desenvólvese entre o 20 e o 22 de novembro no Teatro Afundación

A contraposición entre as ameazas aos océanos e a beleza que agochan estes espazos é o eixe da vixésimo novena edición da Seman de Cine Submarino de Vigo. O Teatro Afundación acollerá entre os días 20 e 22 de novembro a proxección de sete proxectos audiovisuais coa presenza dos directores Nuno Sá, que comentará o seu filme Mar, a última fronteira: continente e David Álvarez, que presentará O ocaso do rei. A cita que coordina a Universidade Olívica inclúe no seu programa unha homenaxe ao realizador vigués Jorge Candán, campión do mundo de vídeo submarino 2019, de quen se poderá ver o filme O retorno, unha distopía que especula cunha realidade na que os humanos non poden vivir na superficie do planeta.


As producións de National Geographic, Guerreiros dos océanos e Salvemos o noso Mediterraneo, o documental da BBC da serie Planeta Azul II: o océano e mais un segundo documental de Nuno Sá, Azores I completan o programa desta cita.