Combarro será o escenario dun filme baseado na obra de H.P. Lovecraft

Cultos sanguentos nunha vila mariñeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os mitos de Cthulhu, a máis popular obra do escritor estadounidense Howard Philips Lovecraft, estarán en galego no cinema. Alomenos, así o anunciou Fantastic Factory, división da compañía Filmax que comezará a rodar a vindeira semana en Combarro. A película, titulada Dagon, rodarase no noso idioma, ademais de en castelán e en inglés, e nela participarán galegos como Uxía Blanco

A historia

"Dagon" narra, con pequenas mudanzas, unha das historias máis coñecidas dos mitos. Unha aldea costeira rende culto a un deus submerxido e faille periódicamente un tributo de mulleres que se van convertendo en seres mariños. Aínda que no relato orixinal a aldea era Innsmouth, en Massachussets, na película será Combarro, transmutado en Invoca, o escenario desta historia de fantasía.


Rodaxe e producción

Será a partir do vindeiro día 27 cando comezará a rodaxe de exteriores en Combarro. A vila mariñeira foi seleccionada entre localidades de todo o mundo polo equipo da película, composto por profesionais estadounidenses. O director da producción é Stuart Gordon, que xa dirixira películas como Reanimator e Cariño, encollín os nenos. Entre os participantes galegos, destaca a actriz Uxía Blanco, que comparte cartel con Raquel Meroño e Paco Rabal, a quen xa estivo esinando falar galego para o filme.


Fantastic Factory

Fantastic Factory é unha división do grupo barcelonés Filmax, dedicada á producción de películas de xénero fantástico e de ciencia-ficción. Fantastic Factory conta cun orzamento anual de 3000 millóns de pesetas ó ano e coa colaboración de destacados profesionais nestes xéneros de todo o mundo.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Combarro, Filmax, Cine, Xénero...

Claves

Entidades
Lugares