O xurado do IV Premio Xosé Neira Vilas de novela curta acordou por unanimidade outorgarlle este galardón ao Esca, obra do profesor, editor e escritor Antonio Piñeiro Fernández. Na acta, o xurado destacou "a calidade dun relato que evoluciona en espiral creando unha atmosfera e un clima de tensión narrativa" ademais da "súa ambición estética, prosa lÃrica e riqueza léxica; a creación de personaxes poderosos e ben caracterizados e, en definitiva, por compoñer un relato aberto a diversas interpretacións cun final impactante e iluminador". A obra é un relato "tenebroso" e con elementos simbólicos ambientado no Balneario da Toxa nos anos 20. Piñeiro recibirá mil euros en metálico e verá a súa obra publicada.
Os membros do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández, RosalÃa Morlán, Pilar Sampedro e Fernando Redondo, canda ao crÃtico literario e profesor universitario Armando Requeixo foron os responsables da selección. O xurado destacou tamén a alta participación nesta cuarta edición do certame, que acadou os trece orixinais presentados, e que supón a máis alta dende que se creou o premio.
Piñeiro recollerá o galardón o vindeiro 3 de novembro nun acto que se celebrará na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Vila de Cruces (Gres), a coincidir coa conmemoración do DÃa de Neira Vilas.