O PEN Clube Galicia facía público este 22 de outubro o fallo do seu premio bienal Voz da Liberdade, que foi nesta oitava xeira para Marina Mayoral. O galardón recoñece, segundo a organización, "a obra literaria desta escritora, os seus traballos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán e, sobre todo, a súa constante defensa do dereito de expresión e de opinión e a reivindicación do papel da muller no ámbito da literatura e a na sociedade en xeral".
O xurado do premio estivo conformado por Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Xabier Castro, Bieito Iglesias, Inma López Silva, Pablo Rubén Eiré, Luís Menéndez, Xosé Ramón Pena e Manuel Guede. A galardoada recollerá o premio, consistente nunha escultura de Acisclo Manzano, na segunda quincena de novembro.