Vilagarcía acolle entre o 25 de outubro e o 3 de novembro a 47 edición de Curtas, o festival de audiovisual e banda deseñada. Desta volta, os eixes da chegada do home á lúa e mais da maxia e das lendas artellan a programación, cunha especial homenaxe a Harry Potter, que estará presente cunha exposición específica. O debuxante inglés Davyd Lloyd, o catalán Pasqual Ferry, Kiko da Silva, o divulgador e escritor de ciencia ficción Álex Riveiro, Loulogio, Diana López Varela, Antonio Seijas, Salva Espín, Eli Ríos ou Fernando Cimadevila son algúns dos convidados desta ocasión.
Na sección oficial de longametraxes poderán verse os títulos Nubes de cartón, de Sergio Hernández Sanza, H0us3, de Manolo Munguía, Dos veces tú, de Salomón Askenazi, Sea Beasts, de Felipe González, Amor en polvo de Suso, Juanjo Imbernón Rodríguez-Flores, Moscardó Rius, e mais Bliss, de Joe Begos. Canda a estes, exposicións, obradoiros, concursos e outras iniciativas artellan un programa que conta con cartel do galego Nekro.
Pola súa banda, a segunda edición do Galician Freaky Film Festival desenvolverase en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro vindeiros. No programa, propostas como unha versión con música ao vivo do clásico filme Nosferatu, un total de corenta producións en exhibición e unha sección de "frikismo do país" dedicada a proxectos galegos. Como homenaxe do filme Alien, a sala Videodrome transformarase durante o evento na nave espacial Nostromo. Unha exposición e un obradoiro amosarán o traballo do especialista en efectos especiais Alberto Hortas e un concerto de Los Pontiaks farán tamén parte do programa.