A Pobra celebra as XXI Xornadas Valle-Inclán

Teatro e presentacións literarias compoñen o programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Pobra do Caramiñal presentou as XXI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, que se iniciarán o vindeiro mércores e xoves cunha estrea de teatro infantil a cargo de Cachirulo, que representarán Farsa italiana da namorada do rei, obra baseada en textos de Valle. O día 27 Teatro do Norte representará Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte, Roberto Leal e Gemma do Carmo o día 31 Ambitus amoenus. De teatro nunah torre con alma de artista e o Grupo Tatana representa o día 3 de novembro Memorias da árbore da noite triste. Nas presentacións literarias, Barbantia presentará Consolación a Marcia, un texto de Séneca traducido ao galego por María isabel Santos, e se presentarán dous números da revista de estudos valleinclanescos Cuadrante. O día 30 de novembro presentarase O meu bisavó, unha tradución ao galego dun relato de Valle sobre o Caramiñal e a torre de Bermúdez, que ademáis é a primeira tradución ao galego do autor para a que se realizan ilustracións.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Tradución, Torre, Barbantia...

Claves

Entidades