O Premio Mondoñedo 10 de Ensaio, que recoñece o mellor traballo da última década neste ámbito, foi para o historiador Ramón Villares. A compilación de ensaios sobre o proceso de creación e bloqueo da identidade galega e a formación dunha narrativa de Galicia como nación cultural Identidade e afectos patrios, que publicou Galaxia en 2017 valeulle o galardón. O xurado valorou "a orixinalidade dunha obra que aborda cuestións que teñen que ver non só co pasado senón que nos dá unha perspectiva de futuro. Sitúase na tradición oteriana da historia de Galicia". Ao tempo apunta que o traballo é "froito do resultado dunha bagaxe ou madurez investigadora" e destaca "a alta calidade literaria" dos ensaios.
O xurado estivo composto por Antonio Reigosa, Xosé Manoel Núñez Seixas, Pegerto Saavedra, Cesáreo Sánchez Iglesias, Silvia Bello, UxÃo-Breogán Diéguez, XaquÃn RodrÃguez Campos, Xoán Ramón Fernández Pacios e Fran Bouso, como secretario. O galardón está organizado pola Asociación As San Lucas, o Colectivo Mondoñedo É e o Concello de Mondoñedo. Villares recibirá unha obra de arte do creador José Pedro Gómez no transcurso dun acto que se desenvolverá no auditorio Pascual Veiga o vindeiro 20 de outubro.