O festival Curtocircuíto vestiuse onte de gala, photocall e alfombra vermella para acoller unha sesión especial de preestrea na capital galega para a película de Óliver Laxe. O Teatro principal de Santiago encheuse ata a barreira para este pase que contou mesmo coa presenza de todo o catálogo de autoridades institucionais, encabezado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pouco habitual nos actos culturais. Ademais del a representación oficial completábase co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela; Ovidio Rodeiro Tato, Delegado territorial da Xunta na Coruña; Jacobo Sutil, Director da AGADIC; Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña e gran parte do consistorio local de todos os partidos. Se ben o abano de representantes políticos era do menos habitual para un evento destas características realmente as estrelas da noite foron os tres elementos máis destacados da película: o seu director Óliver Laxe e os seus dous protagonistas Amador Arias e Benedicta Sánchez.
Sobre todo esta última, armada coa naturalidade descarada dos seus anos -a intérprete conta xa 83 anos nas costas e moito mundo atrás- Benedicta meteuse no bolso ao público asistente, primeiro dondo vida á súa personaxe na película e posteriormente coa súa actitude e comentarios no coloquio posterior á proxección. Para ela e para Amador a noite achegaba tamén a sorpresa de ver alí proxectado o vídeo coas súas primeiras probas na selección actores, o primeiro contacto coa produción que acabaría por levalos a Cannes. O momento estivo cheo de emoción e con él soubemos máis da historia desta muller que acabaría bailando unha muiñeira na alfombra vermella do festival francés e dando leccións de honestidade profesional na interpretación co seu primeiro traballo no que lle reclamaba ao director que fose esixente con ela e lle dixese sempre aquilo no que fallara "porque se non, non aprendes e non pasas da estaca cero", aseguraba a actriz emocionando aos presentes.
Cando faltan apenas 10 días para a súa estrea en salas (11 de outubro) e apenas un par de días despois dunha preestrea popular para o público da zona de Navia de Suarna onde foi gravada, a premiada e valorada terceira película de Óliver Laxe chegou a Curtocircuíto pola xenerosidade dos seus produtores tras unha proposta nese sentido feita polo director do festival Pela del Álamo en París con motivo da súa estrea alí o pasado 3 de setembro, segundo relatou onte o propio Del Álamo. O palmarés de premios co que chegaba e o propio percorrido do director levantaran a expectación necesaria para facer desta cita especial no Curtocircuíto un fito nesta edición do evento. A sala recollía nas súas butacas, ademais de autoridades inéditas, a gran parte da familia cultural e artística habitual da capital galega entre outros moitos afeccionados ao cine e parte do equipo da película. O propio Laxe, na súa intervención de apertura celebraba a mestura que alí se daba coa presencia das elites políticas e culturais atendendo ao seu filme de carácter rural. "A mestura de alta cultura coa cultura popular é unha das características do cine", asegurou o realizador que se declarou moi a favor das "elites que guían" e que viu madurez nas institucións do país ao apoiar así este acto. Pola súa parte o alcalde Sánchez Bugallo quixo facer memoria con Laxe ao lembrarlle como este mesmo Teatro Principal, tanto no Curtocircuíto como en Cineuropa, xa o vira crecer como cineasta e mesmo alí, no ano 2010 levou un premio de Cineuropa por Todos vós sodes capitáns, o seu primeiro filme. Na liña do rexedor compostelán tamén Pela del Álamo se ocupou de lembrar como os festivais audiovisuais, non só Curtocircuíto, serviran sempre de plataforma para ir coñecendo e impulsando as obras de novos cineastas que pouco a pouco víanse consolidados e recoñecidos como é o caso de Óliver Laxe. O coloquio posterior á película, coas principais autoridades xa retiradas, permitiu coñecer moitos detalles da súa produción e achegarse máis ao xeito de vivila e as interpretación feitas por Amador Arias e Benedicta Sánchez cuxas palabras sinxelas e claras foron sempre acollidas con interese, aplausos e risas de complicidade polo público que quedou nas súas butacas ata entrada a madrugada. O programa de Curtocircuíto segue ofrecendo proxeccións e actividades toda a semana ata a cerimonia de clausura o domingo.