Só catro autores e autoras acudirán este ano a feiras e festivais internacionais do sector do libro co apoio da Xunta. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da liña de axudas para que persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras participen neste tipo de eventos ao longo de 2019.
A resolución establece que a ilustradora Nuria DÃaz Berride recibirá 600 euros para asistir á Feira do Libro de Boloña, mentres o seu colega Jano (Alejandro Viñuela) achegarase á Bienal de Bratislava cunha axuda da mesma contÃa. Pola banda literaria, Anxo Fariña é o autor máis beneficiado ao recibir unha subvención de 1.500 euros para participar na Feria Internacional do Libro de Lima mentres Yolanda Castaño contará con 600 para apoiar a súa participación no Ó Bhéal Winter Warmer Poetry Festival de Cork, en Irlanda.
As subvencións concedidas supoñen só 3.300 euros do orzamento total de 30.000 co que se presentou esta liña de axudas.