A Fundación Repsol daba a coñecer onte o fallo do XIII Premio de Narrativa Breve Repsol que convoca en colaboración coa ConsellarÃa de Cultura e está dotado con 12.000 euros. O poeta Gonzalo Hermo foi o vencedor desta xeira, con Diario dun enterro, a súa estrea no campo da narrativa que será publicada por Galaxia. O xurado destacou no seu fallo a "sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que afonda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuÃdas á súa orixe". Ademais apuntou o "equilibrio entre o fondo e a forma, a regularidade da construción narrativa, a veracidade dos diálogos e a honestidade da mirada que se deita sobre os personaxes" como méritos da obra. O xurado estivo composto por Anxos Sumai, Carlos Lema, Euloxio RodrÃguez Ruibal, Berta Dávila e Dolores Vilavedra.